Saturday 18 de May de 2024

Convocadas as axudas para a adquisición de material escolar do Concello de Ordes


En total destinaranse 18.000 euros para material para alumnos e alumnas de infantil, primaria e secundaria obrigatoria

O BOP de hoxe, luns 19 de outubro de 2015, fai públicas as bases reguladoras da convocatoria de axudas para material escolor outorgadas polo Concello de Ordes. En total destínanse 18.000 euros a tal fin, destinadas ás familias máis necesitadas que estén empadroadas e residan no municipio, e que teñan escolarizados a alumnos e alumnas nos cursos de infantil, primaria e secundaria obligatoria nalgún dos centros situado no termo municipal. O método de pago será mediante un vale que se poderá canxear nos establecementos adheridos sitos no concello.

As solicitudes deberán entregarse no Departamento de Educación, situado no primeiro andar do edificio consistorial, ata o vindeiro 13 de novembro como data límite.

Para calquera consulta pódese chamar ao 981680002 (ext 4) ou ben visitar a páxina web www.bop.dicoruna.es.